12/06/13

LECTURAS VERÁN 2013.

Clica nas imaxes para acceder as recomendacións:

AS CORES DO VERÁN,  PRELECTORES:


AS CORES DO VERÁN,  PRIMEIROS LECTORES:



AS CORES DO VERÁN,  LECTORES AUTÓNOMOS:



AS CORES DO VERÁN,  ENGLISH:



O verán pode resultar un
bo momento para deixarse
sorprender polas palabras,
as ideas ou as aventuras
que nos esperan nos libros.

09/06/13

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES.

Neste mes de xuño continuamos co proxecto de "Apadriñar a un lector".
O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.
Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en  calquera sitio do colexio.
Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica, máis fotos na galería da páxina web do centro, onde tamén podedes atopar o vídeo.




02/06/13

ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES"

O xoves 30 de maio, tivemos no colexio a actuación da Asociación Musical "Musicreques".
Como elas mesmas contan no seu blog: 

O espectáculo “As aventuras de Quebranoces” consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentras se interpreta en directo ao piano a música da Suite  “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky. 
Da man dos monicreques, os nenos e as nenas poderán coñecer distintos intrumentos musicais, as distintas familias instrumentais, que é o ritmo, a melodía e a harmonía, aprenderán a bailar un vals, etc.

Ademais do espectáculo de música e monicreques, a Asociación ofrece tamén, aos centros educativos que participen co seu alumnado, unha Guía Didáctica para a realización de actividades complementarias previas e posteriores ao Concerto Didáctico.

As artífices desta actividade son dúas profesoras do Conservatorio de música de  Ferrol, Alma e Loreto.
A nós parécenos un espectáculo moi completo porque combina teatro de monicreques, música en directo, audiovisual e por suposto a maxia que encerran os contos.
Dende aquí queremos darlles os nosos parabéns por esta iniciativa que seguro vai ter moito éxito.


Moitas grazas a Alma e Loreto. Ata sempre!!!




Enlace á galeria de imaxes do cole AQUÍ.

Vídeo do espectáculo:




01/06/13

MAIO, MES DAS LETRAS

Recompilación das actividades levadas a cabo 
neste mes de Maio, centradas na celebración das 
LETRAS GALEGAS 2013
(Debido a que non tiveron tempo suficiente para os ensaios, quédanos pendente para o 14 de xuño a 
actuación teatral do 3º ciclo coa obra "Touporroutou da lúa e o sol")



14/05/13

MAIO, MES DAS LETRAS.




Enlace a unha completísima recompilación de recursos

        elaborada por Mª Asunción García Álvarez.


Preme na foto:



05/05/13

Celebramos os MAIOS.

Este ano, para celebrar os maios no colexio, fixemos unha alfombra floral. A que non sabedes cal foi a temática?, non podía ser outra, "Os Bechos Pequerrechos" de  María Lires. Traballamos tod@s preparando as flores, o verde e tamén empregamos area.
Cando rematamos, xuntámonos e cantamos cantigas de Maio acompañados polo son da gaita que nos tocou a profe Matilde. Grazas Matilde!!!
Aquí deixamos unha pequena reportaxe:



MAIO, MES DAS LETRAS

Comeza maio, o mes das letras. As nenas e nenos de Andrade prepáranse para homenaxear a Roberto Vidal Bolaño, e que mellor maneira, que mediante a representación teatral dunha das súas obras: "Touporroutou da lúa e do sol". De momento, iniciamos os ensaios, xa vos iremos contando...
Mentras tanto, podedes ir recompilando información nesta presentación, elaborada por Quini Freixeiro, mestre do CEIP Conde de Fenosa , para poder respostar ás seguintes preguntas. 
Animádesvos?








30/04/13

ABRIL, MES DOS LIBROS VIII: Visita da ilustradora María Lires.

o xoves 25 de abril, recibimos a visita de María Lires. Xa sabedes que é a ilustradora do libro que lle da nome á nosa biblioteca: "Soños de andel", pero tamén de moitos outros libros de literatura infantil e xuvenil, cos que estivemos traballando na área de Ed. Artística. Aquí tedes un enlace á listaxe deses libros:
Libros María Lires.

En primeiro lugar, xuntámonos no Recanto dos Contos e despois de que os alumnos e alumnas do terceiro ciclo  fixeran a presentación, quixemos agasallar a María coa representación do seu libro: "Bechos Pequerrechos".  Participaron moitas nenas e nenos de diferentes cursos, e ademáis elaboramos uns monicreques, que cobraban vida, movidos polo alumnado de 4º curso. Foi moi divertido, e pasámolo moi ben.
Despois, as alumnas e alumnos de 6º curso, fixéronlle unha entrevista con preguntas moi interesantes.
Para rematar, cantamos dúas cancións, unha adicada aos bechos pequerrechos: "Estes son bichiños con algo especial" e outra adicada á nosa amiga María: "María e a poesía".
Este acto serviunos de colofón para o remate da segunda parte do proxecto AS CORES DE GALICIA, adicado este segundo trimestre ás ilustradoras galegas, e en especial a María Lires. 

Moitas grazas María, e ata sempre!!!




29/04/13

ABRIL, MES DOS LIBROS VII: EXPOSICIÓNS.

Ao longo deste mes tivemos no colexio varias exposicións co motivo da celebración do Día do Libro 2013:

  • Exposición de libros de Poesía.
  • Exposición de Fotopoemas.
  • Exposición de cadros que o alumnado realizou inspiorandose nas obras da ilustradora María Lires.
  • Mercadillo de Libros e Películas.
  • Exposición dos libros máis lidos.
  • Pases ao Liberespazo.

28/04/13

ABRIL, MES DOS LIBROS VI, "Adiviña quen son..."

DING, DONG, DING, DONG, ADIVIÑA QUEN SON......


Diego, Paula, Verónica e Alejandro preséntannos estas catro adiviñas que podes atopar no libro: "QUEN SON? , unha nova adquisición da nosa Biblioteca. Neste libro non só atoparás catro, senón un montón de divertidas adiviñas.



Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails